Davila pregunta ao Goberno se Almunia respostou ao tema do Tax Lease
Recibiu o Goberno por fin comunicación oficial da Dirección Xeral da Competencia da UE en relación á proposta presentada sobre un novo esquema de Tax Lease? Cal é a resposta de Competencia? Aprobou a proposta presentada polo Executivo español?, son algunhas das cuestións que a deputada do BNG dirixe ao Goberno.
O sector naval da Ría de Vigo á espera aínda
Davila pón de manifesto que varias informacións indican que o esquema do novo Tax Lease para o sector naval estaría xa pactado. E díse que Almunia non pón obxecións á dita proposta. De ser así, puntualiza da deputada do BNG, por que o Goberno non aprobou aínda a normativa correspondente para que canto antes o noso sector naval poida saír da situación de parálise na que se atopa?.
É certo, sinala Davila, que a Dirección Xeral da Competencia da UE demanda ao Goberno español unha fórmula legal al problema das bonificacións recibidas. Recolle a deputada nacionalista que segundo fontes comunitarias o novo esquema de Tax Lease, non s poderá pór en marcha se non se resolve o modelo anterior, e dadas as proxeccións dos expertos, este tema debería resolverse canto antes a fin de que o novo instrumento fiscal se poña en práctica rapidamente.
E no mellor dos casos, xa nos poñeríamos no 2013, o cal non é unha boa noticia para o sector naval da Ría de Vigo tan necesitado de que se desbloquee a situación pero xa.
A deputada do BNG demanda ao Goberno que axilice a tramitación da normativa pertinente.