Davila insta ao Goberno a manter a Onda Corta de REE porque "é un servizo público para os mariñeiros
E tamén, subliña Davila, por constituir unha vía de comunicación para a emigración en xeral. Davila presentou unha proposición non de lei para ser debatida na Comisión de Control parlamentar de RTVE, presentou unha pregunta escrita dirixida á Corporación e unha oral para ser formulada ao director do ente cando haxa sesión.
A deputada do BNG explica que o pasado 14 de outubro a Corporación de RTVE consumou o peche da emisión de Onda Corta de REE. Unha decisión unilateral que supuxo deixar sin información a miles de cidadáns do estado español que por diversos motivos están vivindo fóra ou desenvolvendo as súas actividades de pesca en distintos caladoiros.
Davila alega que a eliminación da Onda Corta é unha mala noticia para os traballadores do mar, que durante moitos anos seguiron con interese espazos informativos como Españoles en la mar, un espazo informativo que é un referente para os mariñeiros.
Con esta decisión, sinala a deputada do BNG, a Corporación está abandonando ao numeroso colectivo de emigrantes do estado que tivo que emigrar por cuestións laborais e económicas. E tamén está a facer gala dunha grande insensibilidade ao deixar sin información a moitos mariñeiros.
Davila reprocha ao Goberno que en lugar de garantir o dereito á información de traballadores do mar e emigrantes, resta dereitos. Por iso, demanda á RTVE que reflexione e escoite a quen desde a distanza e desde os seus duros traballos nos barcos que percorren toda a terra, piden que se manteña este importante servizo público.