Davila exixe a Tejerina máis cota de anchoa para a frota galega, case toda en máns da frota andaluza
Davila pregunta ao Ministerio por que motivo incumpriu o seu compromiso e como se explica que a frota andaluza continúe a ter o 98,86% do total da cota de anchoa e a frota galega siga coa irrisoria porcentaxe do 1,14%.
Lembra a deputada do BNG que a Secretaría Xeral do Mar decidiu otorgar ao Golfo de Cádiz o 98,86% do total da cota, mentras deixaba á frota galega co 1,14%. Naquel momento o Secretario Xeral do Mar xustificou perante unha moi molesta frota galega que este reparto era unha medida provisional e comprometérase a procurarlles cotas noutras zonas.
Déixase ao sector galego sen apenas cota de anchoa
Máis, lamenta Davila, deixouse pasar o tempo e o que se asentou como temporal parece que vai camiño de converterse en estrutural, e a promesa de buscar cotas noutros lugares tampouco se cumpriu. No pasado ano 2014, o sector demandou ao Ministerio que cumprise o seu compromiso de habilitar cota de anchoa necesaria para a frota galega na zona Ciem IXa pero a solicitude foi denegada por Pesca.
A deputada do BNG dílle ao Ministerio que o sector galego afectado considera que se vulnerou a súa confianza e sobre todo, os seus dereitos de pesca. Agardaba que Pesca revisase esta distribución para este ano 2015 e cumprise o prometido, pero a Orde Ministerial mantén intacto o mesmo inxusto reparto.
Olaia Fernández Davila salienta que a frota de Galiza considérase con dereito a demandar ao Ministerio as toneladas extra que precisan para reabrir a pesquería de anchoa entre Fisterra e o Miño, a franxa da zona IXa na que operan, que está pechada desde febreiro por esgotar a cota.
A parlamentar nacionalista subliña o malestar e a contrariedade dos mariñeiros galegos de cerco que incluso están dispostos a recurrir perante a Xustiza. Razón pola que a deputada do BNG dirixe unha batería de preguntas ao Ministerio: Que explicación pode dar o Ministerio á súa negativa a cambiar a distribución da cota de anchoa, case toda en máns da frota andaluza? Converteuse en algo fixo pola vía dos feitos?.