Cosme Pombo afea a xestión de Educación e cualifica de "electoralista" o anuncio de 20M€

Cosme Pombo

 

O parlamentario do BNG criticou “o electoralismo” de Román Rodríguez co anuncio de 20 M€ para o ensino despois de ter recortado máis de 1.500 M€

 

 

Tras a comparecencia do conselleiro de Educación, Román Rodríguez para informar das melloras previstas nos centros de ensino, o parlamentario do BNG, Cosme Pombo afeou a xestión de Educación baseada en grandes recortes en recursos materiais e humanos durante as dúas lexislaturas do Partido popular. O deputado acusou ao titular de Educación de “electoralista” o anuncio dun investimento de 20 M€ no ensino cando “foron recortados 1.500 M€”.

 

 

Cosme Pombo asegurou que os 20,8M€ procedentes do Fondo do superávit de responsabilidade ampliados a 40M€ para melloras e reformas de centros chocan coa diferenza en educación entre o ano 2016 e o Goberno bipartito cunha contía de 256 M€. Agora, dixo, ven vostede a falarnos de devolverlle ao sistema educativo un “novo e potente esforzo inversor”, 20M€.

 

 

 

 

 Propaganda e publicidade do PP ante a proximidade das eleccións

 

 

 

 

 O deputado afirmou que o Goberno galego segue no camiño da “propaganda e publicidade” e lembrou que no pasado mes de abril o conselleiro de Facenda conseguiu un titular en prensa do tenor, Galicia volve de Madrid con 225 millóns de euros de Montoro, Valeriano Martínez volveu satisfeito do consello de Política Fiscal e Financeira de Madrid, pero en realidade, dixo Cosme Pombo, “flexibilizaban o endebedamento ata o 0,7 Galiza podía endebedarse en 225 M€ como tope”. O conselleiro de Facenda, engadiu, tamén podía dicir que o Goberno central cada ano recada 3.000 M€ que deberían ser investidos en Galiza. Valeriano Martínez, en vez de amosar tanta satisfacción tiña que preguntar polos 8.000 M€ que “Galiza perdeu dende a entrada en vigor do actual sistema de financiamento autonómico”.

 

 

 Por outra parte, o deputado do BNG tamén se referiu ás melloras anunciadas en 332 centros escolares que agora o conselleiro aumenta en 633 en actuacións en 527 centros de 219 concellos, “ou sexa, máis difícil aínda”. Feijóo en troques de reclamar os 8.000M€ que perde Galiza, agora ofrécenos “propaganda e máis publicidade”.

 

 

O parlamentario incidiu nos recortes continuos do PP no ensino polo que mostrou as súas dúbidas sobre o remate das obras nalgúns centros prometidas, por terceira e nalgún centro mesmo por cuarta vez, nas localidades do Barco de Valdeorras ou Lugo.

 

 

O BNG, dixo o deputado, leva reclamando un ensino público galego, laico e gratuíto que teña en conta a música e a filosofía e non o cambio do sistema por “un negocio que pretende segregar o alumnado de familias con menos recursos, un modelo confesional e clasista”.

 

 

O nacionalista concluíu afirmando que 4.000 profesores xubilados/as fóronse cantando “sinistro total, somos sinistro total” e aburridos de ver como a consellería non defende ao profesorado.Pombo tamén criticou o decreto do plurilingüismo, a pesar da reclamación de institucións, grupos políticos e sindicatos pedindo a súa derrogación.