A consellería de Sanidade prioriza criterios económicos á hora de pechar camas no verán
Ana Luísa Bouza pediu que Sanidade rectifique e defenda os intereses dos e das doentes galegos/as ante o Consello Interterritorial
A deputada do BNG, Ana Luísa Bouza formulou hoxe unha pregunta á Consellería de Sanidade sobre a redución de camas hospitalarias anunciada para os meses do verán, medida na que considerou priman os criterios economicistas fronte aos de saúde.
Bouza afirmou que o peche de camas en período estival , podería ser considerado normal de non existir listas de espera pero a realidade, dixo é, que no mes de marzo 39.614 persoas agardaban por unha intervención cirúrxica, das que 2.355 levaban máis de 6 meses agardando e 878 máis dun ano.
As listas de espera contradin os topes de tempo marcados polo Decreto do PP
Ante a próxima reunión do Consello Interterritorial, á que asistirá a Conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera, a nacionalista pediu que defenda os intereses dos e das doentes galegos/as aínda que iso supoña, ir en contra do seu partido.
Outra oportunidade perdida
Na súa intervención, Bouza considerou que un ano máis o Goberno perde a oportunidade de cambiar a situación das listas de espera ao pechar 787 camas nos hospitais galegos durante o verán que poderían atender as persoas que levan tempo agardando por unha intervención.
Ana Luisa Bouza amosa o seu apoio á Plataforma SOS Sanidade Pública tralo veto do PP a debatir a súa ILP, reclamada por milleiros de cidadáns
Neste sentido, asegurou que para as e os doentes non se para o tempo e a súa saúde deteriorase aínda máis a pesar de existir un Decreto de tempos máximos de atención que o propio goberno non están a cumprir porque, reiterou, só está interesado na cuestión económica.
Sanidade mantén a medida
Trala intervención da nacionalista, a conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera respondeu que esta medida forma parte dunha reorganización dos servizos de saúde e non afecta ás listas de espera.
Bouza retrucou que rebaixar o número de doentes nas listas de espera debería ser unha prioridade e que máis camas pechadas representan menos intervencións programadas.
A deputada reclamou un compromiso de Sanidade para non reducir medios nin pechar camas no verán porque ao seu xuízo, se o problema é o calendario de vacacións do persoal sanitario, amosen vostedes máis vontade política e contraten máis persoal, recursos teñen, só é necesario que os reorganicen, concluíu.
Apoio do BNG a ILP en Defensa da Sanidade Pública
Por outra parte, a deputada do BNG tamén denunciou, ante os medios de comunicación, a negativa do Partido popular de incluír na orde do día do pleno dúas Iniciativas Lexislativas populares, unha sobre a eliminación do Programa Preescolar e outra en Defensa da Sanidade Pública.