O BNG vota en contra da lei de Ordenación do Transporte porque prexudica a 45.000 transportistas
Para Rosana Pérez o proxecto de lei enmárcase na liña liberalizadora e avanza no camiño da desregulación dun sector importante para a economía. Aprofundan na liña de flexibilización de requisitos para o exercicio da actividade de transporte por estrada.
Tamén se vai prexudicar a seguridade
A deputada do BNG puxo de manifesto o aspeito máis controvertido da lei que é o estabelecemento dunha nova regulación para o transporte lixeiro, e que segundo denuncian asociacións do sector vai prexudicar aos 45.000 transportistas que traballan no sector. Denuncian que a exención de acreditar requisitos sobre a capacidade económica e capacitación profesional, vai provocar a entrada de competencia allea ao sector. Polo tanto, enfatiza, e baixo o pretexto da liberalización, vanse introducir normas que favorecerán ás grandes empresas multinacionais, vinculadas a operadores loxísticos en perxuizo dos 45.000 pequenos transportistas e autónomos.
Ademáis, resalta, vai conlevar un relaxo nos controis administrativos relacionados coa seguridade cando se deberían reforzar.
Rosana Pérez advirte que a desregulación contemplada neste proxecto de lei suporá a entrada masiva e desordenada de persoas non profesionais que acabarán desprazando a miles de profesionais con ampla experiencia e adicación de anos.
A liberalización que establece este proxecto facilitará a entrada de grandes empresas loxísticas que acelerarán a concentración e o cese da actividade de pequenos transportistas e autónomos.