O BNG solidarízase co alumnado de Restauración que hoxe comeza a súa marcha cara Compostela
A deputada comunicoulles ademais que este venres a comisión de educación do Parlamento Galego debaterá unha Proposición Non de Lei do BNG na que se demanda da Xunta de Galiza que faga uso das súas competencias en materia educativa e adscriba á Universidade os estudos que se imparten na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra, transformándoa así en grao universitario, tal e como demanda a comunidade educativa.
Iniciativa parlamentar Escola de Restauración