O BNG reclama restituír o Préstamo Universal e gratuíto dos libros de texto
Cosme Pombo criticou que Educación continúe cos recortes no ensino público galego e demandou do titular da consellería que escoite á Comunidade educativa e as AMPAS
O BNG, dixo, o deputado Cosme Pombo, defende o Préstamo Universal gratuíto de libros de texto para favorecer a gratuidade nas etapas obrigatorias, máis foi o Goberno comandado por Feijóo quen decidiu retirar esas gratuidade a máis do 70% das familias galegas.
Na defensa da Proposición non de lei destinada a restituír o Sistema de Préstamo Universal dos libros de texto, o parlamentario asegurou que coa chegada de Feijóo ao Goberno tomou a decisión de eliminar o dereito establecido para todo o alumnado que se achegaba ao ensino galego. En plena crise, recalcou, Feijóo eliminou o dereito fundamental da gratuidade recoñecida pola lei.
Por outra parte, o deputado explicou que fronte a un modelo gratuíto para o cen por cen da poboación escolar cun custe de 73 millóns de euros para toda a lexislatura co goberno nacionalista, o PP recortou os dereitos adquiridos mediante o método denominado gratuidade solidaria que custaba o mesmo pero non cubría o cen por cen senón que só se beneficiaba del unha parte da poboación, con este sistema todo o mundo paga.
Feijóo eliminou a gratuidade dos libros de texto
Segundo o propio Feijóo, o novo plan contiña moitas vantaxes, provoca menos gastos á administración, falso asegurou o nacionalista, permitiría dedicar máis fondos a educación, tamén falso reiterou e en terceiro lugar, posibilitaría crear bibliotecas nas casas, outra falsidade, repetiu Cosme Pombo.
No vindeiro curso coa implantación da LONCE unha lei que naceu morta, o BNG reclamou que o Goberno galego retomase o Préstamo Universal e gratuíto de textos para garantir a gratuidade do ensino obrigatorio en Galiza pero lamentablemente a consellería de Educación optou por manter o sistema de gratuidade solidaria que non garante a gratuidade para o alumnado e resulta máis caro para a Administración educativa que o sistema de préstamo Universal.
Finalmente, o deputado pediu derrogar as ordes da consellería relativas ao fondo de libros que non garante a gratuidade e adiar a LOMCE que evidencia o fracaso das políticas educativas en Galiza.
Os votos contrarios do PP impediron que prosperara a iniciativa nacionalista.