O BNG ratifica o seu apoio á promotora do Espazo parlamentar en defensa dos animais
A viceportavoz segunda do GP do BNG, Ana Pontón, mantivo un encontro informal con dous dos voceiros desta asociación, Rubén Pérez e Lidia Seoane, para ratificar a disposición do grupo nacionalista a dar pulo e pór a traballar ese Espazo.
Ana Pontón avanzoulles tamén que os deputados e deputadas do BNG sumaranse á nova iniciativa na que está a traballar esta asociación: unha fronte antitaurina de adhesión individual de cada parlamentar, por coincidir en que non se trata dunha festa e moito menos de cultura senón dun espectáculo brutal que, ademais, se tenta introducir en Galiza de forma artificial.