O BNG pide que RTVE restitúa o programa Españoles en la mar
Daniel Rodas, a través dunha Proposición non de lei, insta ao Goberno galego a reclamar da RTVE a restitución da emisión de onda curta de Radio Exterior
O deputado do BNG, Daniel Rodas asegura que co eliminación da onda curta de Radio exterior rematase con 72 anos de historia da radio pública e liquidase unha icona das ondas, Españoles en el mar un referente na información marítima-pesqueira que vincula ao persoal embarcado coa súa terra e mesmo chegou a realizar emisión en galego e outros idiomas do Estado.
O nacionalista insta ao Goberno galego, a través dunha Proposición non de lei, a reclamar da RTVE a restitución da emisión de onda corta de Radio Exterior, canle no cal eran emitidos programas culturais como Artesefera, Retablos , Europa abierta e Europa hoy.
O parlamentario reclama o dereito a poder acceder a información actualizada e diferentes colectivos profesionais: tripulacións, asociacións de emigrantes , casas de Galicia ou centros galegos demandan que non se apague este vínculo que ten unido a miles de galegos na diáspora a través das ondas de Radio Exterior.