O BNG pide paralizar os dous edificios do Gaiás e destinar a mitade dos fundos á Cultura galega
A portavoz de Cultura do BNG, Ana Pontón denunciou o "momento crítico" da cultura galega mentres o PP segue dilapidando fundos públicos nun proxecto fracasado
Pontón pediu hoxe, a través dunha Interpelación ao conselleiro de Educación e Cultura, paralizar de maneira definitiva os edificios da Cidade da Cultura e destinar a mitade dos fundos do Gaiás á cultura galega.
Na súa intervención, Pontón aludiu a situación agónica do sector cultural galego do que dixo, o PP está a aproveitar a crise económica para desmantelalo, nun ano 2.800 persoas menos sen emprego en Galiza neste sector económico.
O PP segue na senda de desmantelar a cultura galega
A deputada culpabilizou ao Partido popular e ao conselleiro Jesús Vázquez de empobrecer a vida cultural galega e furtar a miles de persoas a posibilidade de disfrutar da cultura, convirá comigo, explicou, que unha persoa desempregada de Vigo non vai a acudir ao Gaiás a ver algún tipo de función.
Iso, afirmou, non é achegar a cultura á cidadanía, moi ao contrario, é pechala, sentenciou e ironizou sobre unha das principais actividades culturais para o PP, fomentar o flamenco entre a xente nova
A nacionalista reiterou que mentres os creadores e creadoras galegas están nunha situación límite a Cidade da Cultura retrae fondos de Cultura, o 16 por cento destes fondos van destinados ao Mausoleo do Sr. Fraga.
A Cidade da Cultura un proxecto fracasado
Pontón engadiu que seguir investindo na Cidade da Cultura significa mercar menos libros e non apoiar as industrias culturais galegas, estrangulan a cultura e tampouco poden presumir das cifras de visitantes ao Gaiás. Non se poden comparar coas do Guggenhein ou a Cidade das Artes de Valencia, engadiu, non pode dicirnos que hai un éxito de público por que non é verdade, sobre todo, porque non hai ningún indicador obxectivo para contar aos visitantes.
Sobre o Plan estratéxico asegurou que ademais de tardar 2 anos en ser presentado resultou un plaxio de estudos feitos con anterioridade pola Xunta de Galiza, contidos copiados da Wipedia e dalgún estudo elaborado en Andalucía, todo isto, dixo, demostra a súa incompetencia e irresponsabilidade para xestionar miles de millóns de euros tirándoos ao lixo mentres a cultura galega esmorece.
A deputada concluíu propoñendo ao conselleiro Jesús Vázquez,retirar a metade dos fondos consignados ao Gallás e destinalos a apoiar a cultura galega.