O BNG pide explicacións polo desaloxo de inmigrantes subsaharianos
A deputada Olaia Fernández Davila reclama que se esclareza se se respectaron os dereitos humanos no desaloxo da Illa da Terra
O BNG, a través da súa deputada no Congreso Olaia Fernández Davila, quer saber que pactou o goberno español co marroquino para proceder a este desaloxo.
Existen informacións confusas e ambiguas sobre as condicións nas que se produciu o desaloxo e o Goberno ten que comparecer para aclaralas
Asemade, a parlamentar nacionalista considera que o ministro debe aclarar tamén algún aspectos referidos á garantía dos dereitos humanos dos subsaharianos.
Chama poderosamente a atención que o despliegue policial e o desaloxo se fixeran de madrugada, en plena noite e cando máis risco existe para a vida das persoas, afirma Davila.
A deputada do BNG cre que Jorge Fernández ten que esclarecer ben este punto, pois existen información confusas e ambiguas sobre as condicións humanas dos inmigrantes neste suceso.