BNG pide ao Goberno que revoque a orde de expulsión de Hassanna Aalia e lle conceda o asilo político
Rosana Pérez amosa a preocupación do BNG pola actitude negativa do Goberno español perante un caso claro pois Hassanna é vítima da persecución política do réxime de Marrocos. Foi condenado a cadea perpetua pola súa participación nos actos de protesto no campamento Gdeim Izik. Pola súa loita en defensa dos dereitos humanos do pobo saharaui.
Desde o ano 2011 vive en Bilbao. Alí en 2013 enteirouse pola radio da súa condena por parte das autoridades marroquinas. Pediu asilo político ao Goberno español que llo denegou, explica a deputada do BNG. O Goberno español en lugar de atender razóns humanitarias, optou por entregarse ás razóns do réxime marroquino que non soe estar en consonancia co respecto aos dereitos humanos e políticos do pobo saharaui.
Un asilo político máis que xustificado
A pesar de todo, o Executivo español decidiu denegarlle a Hassanna o asilo político. O activista presentou un recurso xudicial contra a resolución de Interior, e está á espera da súa resolución. A deputada do BNG lamenta o xeito de proceder do Goberno xa que as autoridades españolas procederon a deter a Hassanna na estación de tren de Burgos. Foi posto en liberdade horas máis tarde pero cunha orde de expulsión que debe ser executada en 15 días.
Mentras, sinala, a Audiencia Nacional suspeneu de xeito cautelar a súa expulsión.
Rosana Pérez salienta a política restritiva practicada polo Goberno de Rajoy en materia de asilos políticos. Apela á responsabilidade histórica que ten o estado español en relación ao pobo saharaui. É momento de ser xeneroso e solidario co drama humanitario que sofre o pobo sirio, pero sen esquecernos do drama e das circunstancias penosas que viven outros moitos pobos omo o saharaui co que existe un deber histórico.
Razón pola que reclama ao Goberno a concesión do asilo para Hassanna e razón pola que dirixe unha batería de preguntas ao Executivo: Va escoitar esta demanda que este mozo poida continuar coa súa vida e coa súa actividade política en pro dun Sáhara libre? Por que non quer otorgarlle o asilo? Recibiu algunha presión por parte das autoridades de Marrocos nese sentido? Non debería primar a defensa dos dereitos humanos e o cumprimento da legalidade internacional por riba das presións dun réxime dictatorial?