O BNG lamenta que a Xunta non escoite á cidadanía e sega adiante coa privatización de Monterrei
A deputada Tereixa Paz pediu a paralización das obras do proxecto para evitar danos irreparábeis no patrimonio da acrópole e castelo de Monterrei e reclamou o seu uso público como está a demandar o BNG e a cidadanía
A deputada do BNG, Tereixa Paz, a través dunha Proposición non de lei volveu pedir parar as obras da acrópole e Castelo de Monterrei ante a previsión da Xunta para privatizar a súa xestión.
A parlamentaria comezou a súa intervención parabenizando de forma entusiasta a todas as persoas que están a defender o uso público da fortaleza en mobilización contra a previsión da Xunta de entregarlla a unha empresa privada para uso hoteleiro.
O PP dálle as costas aos miles de persoas que reclaman o uso público de Monterrei
Pola súa parte a portavoz do PP, Cristina Isabel Romero afirmou que o proxecto das obras obedecen a rehabilitación e recuperación prestando especial atención á orixinalidade dos edificios e cualificou de demagóxica a intervención da nacionalista.
Tereixa Paz respondeu que o que non ten cualificación é comparar, como fixo a portavoz popular, o efecto dinamizador do Hostal dos Reis Católicos coa previsión privatizadora da Xunta en Monterrei.
Paz tamén aclarou á portavoz do PP que o BNG non quere que fracase o proxecto como levan afirmando os populares, o BNG dixo, o que non quere é que se faga ao igual que miles de persoas que saíron a rúa o pasado sábado en Verín.
Non queremos un proxecto que implica a privatización do Castelo regalando a súa explotación a unha empresa, non queremos que se cometa unha ilegalidade nas condicións para a súa cesión coa conseguinte perda deste ben no patrimonio público galego e o Plan Director, elaborado polo bipartito, non foi aprobado porque a cesión verificouse no ano 2010 e non lle deu tempo.
Vostedes levan cinco anos gobernando e a propia directora da Axencia de Turismo, Nava Castro confirmou hai quince días en comisión parlamentaria que o Goberno continua co estudo para aprobar o devandito Plan director para Monterrei. Non é de recibo, concluíu a deputada facer obras para privatizar o castelo cando a aprobación do plan director segue no ar.
A proposición non de lei do BNG destinada a garantir o uso público de Monterrei foi rexeitada polo Grupo maioritario do Partido popular.