O BNG lamenta que o PP impida restituír as mesmas condicións para as flotas do Cantábrico
Daniel Rodas acusou ao Partido popular de precarizar o traballo das tripulacións e permitir a competencia desleal co arrastre galego"
Pleno.- O deputado do BNG, Daniel Rodas reclamou hoxe, a través dunha Proposición non de lei, restituír o acordo pesqueiro con Portugal do ano 2013 que establece as condicións de descanso semanal para a flota de arrastre que faena no Cantábrico.
O nacionalista recriminou ao portavoz do PP, José Manuel Balseiro e a conselleira do Mar ter aplaudido entusiasticamente un acordo que recollía a discriminación da flota galega para a continuación, un mes máis tarde, aprobar unha modificación que retornaba á situación discriminatoria inicial. Onde está o Goberno para defender aos profesionais do mar de Galiza, preguntou.
Rodas cualificou de actitude indignante o proceder do Partido popular e de trapalleiros a Balseiro e Quintana polo novo engano ao sector da pesca . Vostedes seguen falando de horarios e topes de capturas mentres nós, os galegos con escasas ferramentas seguimos defendendo como podemos o noso país.
Queremos igualdade de trato, nin máis, nin menos afirmou con rotundidade o nacionalista.Queremos mellorar as condicións para regular o caladoiro, mellorar, reiterou, as condicións laborais pero cada día constatamos que o Partido popular non ten política pesqueira porque son palmeiros dos criterios de Madrid e acaban sempre xustificando as medidas que nos prexudican.
Vostedes son o verdadeiro problema, non a solución para o sector pesqueiro, concluíu.
A Iniciativa do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular que impide demandar do Goberno central a restitución do acordo pesqueiro con Portugal para establecer as mesmas condicións das flotas que faenan no Cantábrico, independentemente do país ao que pertenzan.