O BNG defende o impulso dos medios en galego e anuncia iniciativas no Parlamento galego

O portavoz do BNG no Parlamento galego, Francisco Jorquera, e a deputada do BNG, Montse Prado, mantiveron un encontro con representantes de medios de comunicación en galego para analisar a problemática pola que atravesan.

Entre os medios asistentes ao encontro estaban: Tempos Novos, Praza pública, Sermos Galiza, Radiofusión, Novas da Galicia, Galicia Confidencial e Compás da Costa, medios escritos que utilizan o idioma galego.

Os parlamentares do BNG escoitaron as demandas e os plantexamentos dos xornalistas e se comprometeron a trasladar ao Parlamento galego en forma de iniciativas parlamentares a necesidade de que se adopten medidas para impulsar e promover os medios de comunicación en galego, que, desgrazadamente, cada vez son menos.

A Xunta non debería discriminar aos medios en galego

Jorquera, Prado e Pontón concordaron cos xornalistas no feito de que “o panorama que hoxe ten Galiza no ámbito da comunicación en galego é desolador. Os últimos anos caracterizáronse por continuos peches de cabeceiras de xornais en galego, tanto impresos en papel como do eido dixital”.

Para o BNG “é importante que se preserve a comunicación na lingua de Galiza” e lamenta que desde a Xunta se estean a dar pasos para atrás neste eido en lugar de avanzos, discriminando e marxinando precisamente aos medios en galego. “Feijoó non cumpre con nada do estabelecido na lexislación vixente, e compre nomear o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, o Plano Xeral de Normalización da Língua Galega ou a Carta Europea de Línguas Rexionais ou Minorizadas. Todo o contrario, estamos asistindo a un retroceso nunca visto desde as primeiras iniciativas normalizadoras do idioma galego”.

Os parlamentares do BNG advirten que “é un momento pésimo para os medios en xeral, pero sobre todo para os que empregan o galego. A Xunta subvenciona aqueles que utilizan o castelán na súa comunicación e discrimina das axudas públicas aos medios en galego. É o mundo ao revés”.

Por iso, comprometéronse cos xornalistas presentes, a levar ao Parlamento galego iniciativas para que se aumente o “nivel de protección e desenvolvemento dos medios en lingua galega. O Goberno galego debería apostar por incentivar e promocionar a escrita en galego. Non é de recibo que nun territorio con lingua propia se discrimine a comunicación en lingua galega”.

Neste sentido, sembraron que a Secretaría Xeral de Medios estabelece cada ano as bases reguladoras coa conseguinte convocatoria para a concesión de axudas económica dirixidas a empresas xornalísticas. Un feito constatábel é a constante reducción das contías destinadas a medios en galego até ficar case “en cifras testemuñais en comparanza coas empresas que utilizan o español nas súas comunicacións”.

Neste sentE denunciaron que as sucesivas modificacións que foi introducindo o PP favoreceron aos grandes grupos de comunicación en detrimento das empresas que usan e promocionan o gal

Os parlamentares nacionalistas anunciaron que presentaran iniciativas para demandar á Xunta que garanta a existencia dun espazo de comunicación en galego e a viabilidade dos medios en lingua galega. O BNG pedirá que se contemple un baremo obxectivo para un reparto equitativo máis xusto das axudas.

Consistiría en cambiar os criterios das axudas para vinculalas a unha finalidade social e estabelecendo criterios transparentes e equitativos na contratación de publicidade institucional.