O BNG concéntrase no Parlamento Galego para demandar un referendo sobre o rescate
O Grupo Parlamentar do BNG concentrouse esta mañá diante do Parlamento de Galiza baixo o lema Rescate para a banca, roubo para o pobo.
Os deputados e deputadas do BNG protestaban así contra un rescate que, segundo declarou a portavoz do Grupo Parlamentar nacionalista, Ana Pontón, supón unha grande estafa.
É necesario un amplo debate social e que os cidadáns opinen sobre o rescate
Por iso, a portavoz do Grupo Parlamentar do BNG defendeu que unha decisión política de tal calibre e transcendencia non se pode tomar nin co escurantismo co que está a actuar o goberno do PP nin tampouco sen que os cidadáns teñan dereito a poder opinar.
Pola contra, Ana Pontón demandou que antes de aceptar este rescate ten que haber un amplo debate social e os cidadáns teñen dereito a opinar a través dun referendo.
O rescate fai máis necesaria a Banca Pública Galega
Ademais, criticou que o señor Feijoo estea enganando aos galegos e galegas a respecto de cal vai ser o impacto deste rescate no futuro de Novagalicia Banco.
O rescate fai máis necesaria ca nunca a Banca Pública Galega
Lembrou que a Unión Europea está a esixir novas fusións, polo que alertou de que se non se adoptan decisións o futuro de Novagalicia Banco vai ser a súa absorción por Bankia ou a súa venda a fondos estranxeiros.
Por iso, asegurou que hoxe máis que nunca no BNG temos claro que é preciso apostar por unha Banca Pública Galega porque é a única medida real para evitar que se produza un espolio do noso aforro, do aforro dos galegos e das galegas.
http://youtu.be/0_JrLQJef6w