BNG e CIG Universidade analizan as contas do PP para o Sistema Universitario Galego
Francisco Jorquera e Cosme Pombo denuncian a repercusión negativa dos orzamentos 2014 por incidir nos recortes de persoal e medios
Unha delegación de CIG Universidade e deputados do BNG hoxe mantiveron un encontro no Parlamento ao fin de analizar a repercusión negativa dos Orzamentos 2014 para o sistema universitario galego.
Para os deputados do BNG, Francisco Jorquera e Cosme Pombo a insuficiencia orzamentaria do SUG suporá a diminución de 7 millóns de euros sumado o 20% de recortes en catro anos.
Os nacionalistas denunciaron que a redución responde ao rumbo trazado pola Consellería de Educación cara a privatizacións da educación e o deterioro da Universidade pública co recorte do poder adquisitivo do persoal nun 25 por cento, recorte na reposición de vacantes, descapitalización das universidades e unha atención cada vez máis deficiente ás actividades docentes e investigadoras
Nos catro últimos anos, afirma o deputado e portavoz de Educación do BNG, Cosme Pombo se está a destruír o sistema galego de investigación reducindo o investimento a ratios que non chegan nin ao 50% da media europea.
Os recortes, engadiu o portavoz do g.p do BNG, Francisco Jorquera, tamén afectan á autonomía universitaria, perda de estudantado por falta de recursos e despois da Lei Wert, máis abandono da Universidade.
O BNG trasladou á delegación da CIG Universidade ás emendas nacionalistas os Orzamentos do PP destinadas a garantir a reposición do profesorado e recuperación dos dereitos económicos perdidos, a través do aumento estrutural da Universidade en 20 Millóns de euros, 2,2 millóns para bolsa e 17 millóns para gastos de persoal.