O BNG apoia aos Comités de empresa de VODAFONE ante o anuncio do ERE

Comites de Vodafone coa oposición no Parlamento galego

A deputada nacionalista, Montse Prado amosou hoxe o apoio do BNG aos Comités de empresa reunidos cos grupos da oposición no Parlamento galego

Os comités de empresa de Vodafone na Coruña e Pontevedra mantiveron hoxe unha xuntanza en sede parlamentar co fin de acadar o apoio das forzas da oposición ante o anuncio dun ERE.

Os traballadores transmitiron a súa preocupación pola intención da empresa de despedir a 492 persoas que representan o 13,1% das 3.752 que actualmente traballan na compañía no conxunto do Estado e que en Galiza están localizadas, 127 en Vigo, 64 na Coruña, 1 en Lugo e 1 en Ourense.

O BNG expresou o seu apoio ás reivindicacións dos traballadores e rexeitou que se leve a cabo o ERE en Vodafone en Galiza polas graves consecuencias ao que sumou que este sería un segundo despido colectivo xa que en febreiro do 2013 aplicou un ERE que afectou a 902 persoas (28 en Vigo,23 na Coruña, 3 3n Ourense e 1 en Lugo) entre despedimentos, externalizacións e modificacións substanciais das condicións de traballo.

Prado reiterou o apoio aos traballadores e anunciou que o BNG presentará todas as iniciativas necesarias dirixidas ao Goberno galego para frear o depedimento d@s traballadores de Vodafone en Galiza.