Adán: O problema non é animar a ter fill@s, o problema son as condicións
A deputada do BNG, Carme Adán cualifica de demagóxica e cursi a campaña do PP animando ás persoas a ter fillos e fillas e criticou que o plan demográfico da Xunta adopta medidas contra a Igualdade
A deputada do BNG, Carme Adán criticou hoxe, a investimento de 500 mil euros nunha campaña publicitaria da Xunta para animar ás persoas a exercer a maternidade e paternidade.
O problema, dixo a nacionalista, non é ter fillos e fillas, o problema é alimentalos, mercar os libros e todo o que van necesitar por iso, a súa campaña é demagóxica, non resolve os problemas económicos, socias e educativos cos que se enfrontan as mulleres á hora der ser nais.
Resulta indecente, recalcou, reducir o problema da demografía a unha campaña publicitaria coa única pretensión de subvencionar aos medios de comunicación a base de anuncios a fin de semana.
As mulleres precisan ter un mercado laboral flexíbel que non represente un prexuízo económica e vostedes, inquiriu Adán, obvian esta realidade, porque a primeira pregunta que formulan a calquera nunha entrevista de traballo é a mesma, se ten fillos e se vai poder conciliar a vida familiar, esa é a primeira dificultade das mulleres para exercer a maternidade en liberdade criticou.
Vostedes, teñen unha visión equivocada da demografía, o problema non se resolve a golpe de anuncios e campañas de sensibilización, hai que emprender medidas arriscadas entre as que destacou: máis permisos para homes e mulleres, axudas directas á maternidade e máis servizos públicos, vostedes pola contra, de soben o prezo das escolas infantís e atención á dependencia.
A deputada reiterou que o anuncio da Xunta resulta un insulto.
Pola súa parte, a Directora Xeral de Familia e Inclusión defendeu a necesidade da publicación mencionada e a realización de campañas para resolver o problema demográfico en Galiza.