Adán censura que o conselleiro de Industria se ría do Parlamento e non responda
A parlamentaria interpelou ao titular de Industria sen acadar ningunha resposta ás preguntas formuladas sobre a construción naval civil e o dique flotante na Ría de Ferrol, actitude que a deputada cualificou de desprezo ao Parlamento
Pleno.- A parlamentaria do BNG, Carme Adán amosou hoxe o seu desconcerto e malestar ante a actitude do conselleiro de Industria por non responder a ningunha das cuestións formuladas pola nacionalista sobre a construción naval civil.
No transcurso da interpelación a nacionalista pediu respostas concretas sobre o traspaso de Navantia ao Ministerio de Defensa, a construción do dique flotante,o cumprimento do acordo parlamentario por unanimidade para descentralizar a xestión de Navantia, o centro de reparacións de Ferrol e o acordo marco con Pemex, ao que o conselleiro de Industria non contestou absolutamente a nada.
A deputada afirmou que no ano 2013 produciuse un mínimo histórico en emprego, contratacións e pedidos no naval galego e o Goberno Feijóo, ante esta situación, responde cunha política de titulares e propaganda.
Para a deputada existe unha folla de ruta oculta no Partido popular para que Navantia, agora que depende de Defensa, só adique a súa actividade a construción militar.
Neste sentido, explicou que as declaracións de directivos de Navantia, nesta liña, son moi elocuentes ao igual que os silencios cómplices de Feijóo e Conde.
A parlamentaria nacionalista anunciou que, a pesar da actitude escapista do conselleiro, o BNG continuará levando ao Parlamento iniciativas en defensa do sector naval galego.