28 de setembro: Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto

O 28 de setembro reivindícase en todo o mundo o dereito ao aborto legal, seguro e gratuíto na sanidade pública. Na Europa, e nomeadamente no Estado español o dereito ao aborto esta a sufrir ataques por parte da dereita e da Igrexa que están a impulsar reformas que supoñen un enorme retroceso na lexislación. Coa escusa da crise a dereita ataca os dereitos das mulleres e viste de 'austeridade' o retroceso en torno aos dereitos conquistados polos movemento feminista en materia de saúde sexual e reprodutiva.

A Plataforma Galega polo dereito ao aborto, da que fai parte do BNG, convoca para este sábado 28 de Setembro ás 17.30h dende a Estación de Tren en Compostela unha manifestación nacional en resposta ás políticas do Partido Popular contra os dereitos das mulleres e a reforma da actual lei do aborto que plantexan como unha redución deste dereito.

Con convocatorias a nivel local e unha grande mobilización nacional responderá nas rúas de Compostela a Plataforma Galega polo dereito ao aborto ao recente anuncio de Gallardón de que o Partido Popular presentará unha proposta de modificación da Lei de saúde sexual e reprodutiva que elimine parte dos dereitos e garantías xurídicas que actualmente teñen as mulleres no estado español se deciden interromper o seu embarazo.

Convocatorias:

  • A Coruña, mércores 25 ás 19.30h dende a Praza de Galiza. Marcha Silenciosa.
  • Ourense, xoves 26 ás 20.00h dende a rúa do Paseo (Banco de España). Pasarrúas feminista ata Pazo de Xustiza.
  • Ferrolterra, xoves 26 ás 18.30h Acto na Praza do Concello de Ferrol
  • Compostela, sábado 28 ás 17.30h dende a Estación de de tren de Compostela. Manifestación Nacional.

As novas convocatorias que vaian xurdindo poden seguirse a través da páxina da plataforma www.feminismos.eu

BUSES

Ao longo da semana definirase se hai buses en Ourense, Vigo e Coruña, mas o mellor é que se contacte coa plataforma a nivel local/comarcal.

DESCARGAS

Proposición non de lei do BNG contraria á modificación da actual Lei 2/2003, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo.

Moción do BNG contra a modificación da lei do aborto

Solicitude de comparecencia de Ana Manto, Ministra de Sanidade

VÍDEOS

Nós decidimos!

O PP lexisla sobre o aborto ao ditado da Igrexa

Se a maternidade non é libre é imposta. NÓS DECIDIMOS!