Xornada organizada polo concello de San Sadurniño: "O tratamento dos RSU a debate"
Na xornada expoñeranse exemplos de novidosos procesos de recollida e procesado dos residuos que se están a facer noutros lugares: o do concello madrileño de Rivas Vaciamadrid, baseada na valorización e reciclaxe cunha tecnoloxía que emprega vapor de auga; o da Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza, orientada á reciclaxe e á compostaxe do lixo orgánico; o modelo de Sant Sadurnì d'Anoia, que foi pioneiro na recollida selectiva porta a porta e, por último, o sistema empregado nas cidades suecas de Motala e Linköping, que fan un aproveitamento enerxético do biogás proveniente dos residuos.
Logo destas exposicións haberá unha mesa redonda moderada polo profesor da UDC Manuel Soto e á que están convidadas todas as forzas políticas con representación no Parlamento de Galiza, ADEGA e a Sociedade Galega de Historia Natural.