Vence critica a "irresponsabilidade de Feijoó" por permitir que Edgewater explote a mina de Corcoest
En declaracións aos medios de comunicación, Vence criticou a irresponsábel actitude de Feijoó que autorizou, e por riba, subvenciona o expolio dos nosos recursos minerais a beneficio da multinacional canadiana Edgewater Explorations, que vai ter un impacto medioambiental enorme debido á expulsión de cianuro.
Edgewater explotará os nosos recursos e só deixara contaminación de cianuro e arsénico
O portavoz nacionalista reprochou ao Presidente da Xunta que permita a unha multinacional de Canadá que se leven o noso ouro a cambio de nada, que lle permita explotar un recurso que é de todos e todas para tan só deixarnos os efectos perniciosos que traerá a contaminación de cianuro.
Para Vence a riqueza da explotación de Corcoesto, que apenas vai estar aberta un lustro, vai desaparecer íntegramente para enriquecer as contas de Edgewater mentras aquí nos
Advirte tamén dos efectos sobre a saúde e o agro
Para Xavier Vence a actitude da Xunta denota unha total irresponsabilidade e indiferenza para co noso territorio, tan só se move por criterios economicistas que nen siquera van deixar riqueza no noso pais. Actúan sen estratexia de pais, entragando o ouro gratis, e por se fora pouco, incluso subvencionan á multinacional. Vence puxo de manifesto que a carga de traballo vai ser mínima dados os negativos efectos que vai ter, vannos quedar 12 toneladas de residuos, sen esquecer que os empregos serán precarios e poderá destruir moita producción na zona .