Só o PP se opuxo á proposición do BNG sobre os afectados polas preferentes aínda pendentes
O resultado da votación foi: 23 votos en contra (PP) e 17 votos a favor xa que a iniciativa do BNG contou co respaldo de todas as demáis formacións políticas. Davila non aceitou a emenda presentada polo grupo popular porque desvirtuaba por completo as demandas do BNG e tiña un carácter excesivamente reduccionista ante o plantexado.
Davila explicou aos parlamentares presentes na Comisión de Economía do Congreso as razóns que levaron ao BNG a presentar esta proposición non de lei sobre preferentes, nomeadamente, debido á preocupación polos 35.000 afectados que aínda non recuperaron os seus aforros. Xerounos moita preocupación a última comparecencia do presidente do FROB sobre os titulares de accións consecuencia da canxe obrigada das participacións preferentes e débeda subordinada, actualmente en máns do FROB.
Unha solución sen agardar a procedementos xudiciais
Davila aludiu ao acordo unánime acadado no Parlamento galego e que esta proposición recolle no seu punto 3. Explicou que dos 35.000 preferentistas aínda pendentes, case 6.000 presentaron demanda xudicial. O resto víronse obrigados a canxear os seus aforros pero tamén poden demandar á vista das sentenzas xudicias que se están a producir.
Unhas sentenzas, advertiu, que sempre son favorábeis aos demandantes, a excepción do 1%, tal e como se sinala no informe do FORB do mes de marzo. Plantexamos, recalcou Davila, que non haxa que agardar ás resolucións xudicias a todas as demandas, que se adopte unah solución antes e os afectados aínda pendentes poidan recuperar o 100% dos seus aforros.
A deputada do BNG alegou que é de xustiza que se resolva, e non porque o diga o BNG ou os preferentistas, senón porque a mesma Xustiza así o está a sentenciar.
Ademáis de solicitar que o FROB informe de maneira detallada a este colectivo, subliñou que no último punto da nosa iniciativa incluimos o acordo do Parlamento galego aprobado por unanimidade. Nesta parte pedimos a modificación da lei 9/2012 para que aos afectados actuais non se lles recoñeza como inversores senón como aforradores. Para que non se lles aplique esta lei e recuperen o cen por cen.
Aludiu á necesidade de conceptualizar como aforradores aos que teñen condición de clientes minoristas, diferenciándoos dos profesionais.