A presión política e social obriga ao Goberno da Xunta a retirar a lei de Acuicultura

O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera afirmou que a lei puña o noso mar a servizo das grandes multinacionais de acuicultura e cualificou de “triunfo do sector” e da presión política e social a retirada do anteproxecto da lei

 Pleno.- O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera amosou a súa satisfacción pola retirada do Anteproxecto da lei de Acuicultura produto dixo, “da presión política e social” contra unha lei agresiva para o sector do mar.

A presión política e social fai recuar á Xunta

A presión política e social, recalcou o nacionalista, “pode facer recuar” aos gobernos como xa ten manifestado o Bloque Nacionalista galego en reiteradas ocasións e a Lei de Acuicultura non era unha lei reformable, partía dun plantexamento “agresivo” para o noso sector e da acuicultura real de Galiza que é a do mexillón. O Anteproxecto, abondou Jorquera, puña o noso mar ao servizo das grandes multinacionais da acuicultura e por tanto , só cabía a súa retirada. Nese sentido, congratulámonos, dixo, do" triunfo do sector".

A presión social e política provocou que o Goberno da Xunta, “se vise obrigado a retirar o anteproxecto”, concluíu o portavoz parlamenario.