O PP vota en contra da iniciativa do BNG para cubrir a praza de pediatra no centro de saúde de Mondariz
Luís Bará lamentou o voto do PP en contra da proposta nacionalista e denunciou que o Partido popular continúa na senda de desmantelar o sistema sanitario galego
O deputado do BNG reclamou hoxe, na comisión de Sanidade, a través dunha proposición non de lei cubrir a praza de pediatra e garantir a horario completo este o servizo no Centro de Saúde de Mondariz.
Bará solicitou un acordo de todas as forzas políticas para dar solución a problema xerado no centro que atribuíu á política do Partido popular iniciada durante o verán coa decisión de non cubrir as baixas e vacacións da titular de pediatría do centro de Mondariz. A partir das queixas da veciñanza, o PP utilizou “o parche” de prolongación de xornada doutra profesional desprazada algúns días ao centro de Mondariz, consulta que foi posteriormente suspendida a mediados do mes de novembro ao derivar o servizo a Ponteareas.
A pesar do slogan do Partido popular, -Galiza, rural ízate-, dixo, deputado do BNG “o PP continúa recortando en servizos básico no medio rural” de aí a resposta social para defender a pediatría e non ter que desprazarse a 30 Km a un centro de saúde.
Bará lembrou os concellos derivados a Ponteareas atenden a 300 persoas o que supón unha saturación da prestación sanitaria para este centro que conta con tres pediatras con 4.000 cartillas para atender.
O deputado apelou ao acordo parlamentario para manter a permanencia da Atención primaria en Mondariz ao que sumou a grande mobilización do pasado día 12 na que os colectivo veciñais, Asociacións das AMPAS, comerciantes, de montes e as propias alcaldías reclamaban manter o servizo médico de pediatría. O Sergas pola súa parte alega non ter profesionais pero curiosamente, dixo o nacionalista, despois das protestas foron cubertas as prazas en Cuntis e Moraña así como en Ponte Caldelas e A Lama.
O PP REXEITA CUBRIR A PRAZA DE PEDIATRA EN MONDARIZ
A portavoz do Partido popular, Encarna Amigo afirmou que a Consellería de Sanidade é consciente dos problemas da falta de pediatras porque os mir son insuficientes para atender a demanda. Para o BNG, o Partido popular segue coa súa estratexia de “demolición do sistema sanitario público”.
O deputado do BNG reiterou que a Xunta é coñecedora do problema pero continúa facendo demagoxia mentres os nenos e nenas de Mondariz non teñen a atención sanitaria axeitada na Atención Primaria por falta de pediatra. Bará criticou o desleixo do Partido popular no ámbito sanitario coa intención de continuar coa súa axenda de desmantelamento. O proceso é o mesmo en toda Galiza, “os e as pediatras xubílanse e esas prazas non se cobren”. Dende o BNG non queremos que ningún neno ou nena de Mondariz teña que desprazarse para ser atendido polo que volveu reclamar que se cubra a praza en horario completo.
A proposta do BNG contou co apoio das forzas da oposición pero os votos en contra do Partido popular impediron que prospera.