O PP rexeita recorrer ante o Constitucional a lei que reforma a Administración local
Tereixa Paz defendeu o recurso contra unha lei centralista, centralizadora e ao servizo do austericidio dos servizos públicos e pediu impugnala.
A deputada, que pediu a impugnación da lei, asegurou que a reforma vulnera a atonomía local e socava o autogoberno de Galiza.
E unha lei centralista, centralizadora, privatizadora ao servizo do austericidio dos servizos públicos que consolida un modelo de Estado baseado na división provincial e na homologación de todos os territorios.
Para Tereixa Paz, as deputacións provinciais representan as verdadeiras duplicidades e esta lei aprobada polo Goberno central atribúelles máis competencias e consolida unha organización administrativa homoxénea en todo o territorio pero contra a cidadanía.
É unha lei mesetaria na que as competencias municipais non son específicas nin diferenciadoras porque ao Goberno do Estado, afirmou, dálle igual un concello de Galiza que un de Burgos.
A maior parte dos servizos públicos, que agora pasarán a mans das Deputacións provinciais, serán privatizados porque a lei establece que a principal funcións das administracións públicas é asegurar o proxecto de estabilidade financeira e non a prestación de servizos de calidade á cidadanía.
A lei bota por terra o establecido no Estatuto no artigo 27.2 referido á capacidade de Galiza para a organización de formulas propias sobre o territorio, parroquias rurais, comarcas e entidades locais con réxime xurídico.
A deputada lamentou que os votos desfavorables da maioría absoluta do Partido popular impediran que prosperara o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de reforma da Administración local, defendido hoxe pola oposición na Cámara galega.
Tereixa Paz concluíu denunciou que o Goberno galego non defendeu ante o Estado as entidades locais e os principios do Estatuto de Autonomía polo que reiterou a súa petición de impugnar a lei.