O deputado do BNG, Xosé Luis Rivas “Mini” visita a factoría Alibós en Monterroso
A visita foi promovida pola comisión de ecoloxismo do BNG “para coñecer de cerca esta empresa que factura castaña conxelada para todo o mundo dende Monterroso”
“A produción e aproveitamento da castaña é unha alternativa clara ao monocultivo do eucalipto e o BNG a única alternativa ás políticas do PP” afirmou Rivas
A comisión de ecoloxismo do BNG organizou unha reunión sectorial encabezada polo deputado Xosé Luís Rivas “Mini” para coñecer de cerca á empresa que factura castaña conxelada en todo o mundo hoxe mércores á 13h en Monterroso. “Temos que dar alternativas sostibles ao rural galego e aproveitar as producións sostibles que teñen un gran valor engadido e, ademais, son valoradas en todo o mundo como é o caso da castaña” afirmou o parlamentario do BNG.
O BNG aposta por un cambio das políticas de desenvolvemento rural para poñer en valor proxectos de procesado e exportación de produto galego “xa se fixo cando o BNG tivo responsabilidades de goberno, pero dende a chegada do PP de Feijoo ao goberno galego o medio rural quedou abandonado e con unha única política que fomenta, por acción ou por omisión, o monocultivo do eucalipto” sinalou Xosé Luis Rivas “Mini”.