Olalla Rodil: “Belesar é un exemplo do espolio ao que está sométido o noso país, xerando enerxía e pagándoa a prezo de ouro”
O Bloque organizou un acto dentro da campaña Nin Espolio, Nin Depredación no encoro de Belesar en Chantada
Cun acto simbólico, no que se depregaron sobre encoro a bandeira da patria e varios lemas, o BNG quixo dar a coñocer o roubo ao que estamos sometidos
O Bloque Nacionalista Galego organizou un acto simbólico en defensa dos intereses produtivos enerxéticos de Galiza, dentro da campaña Nin Espolio, Nin Depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega. Ademais de numerosos cargos orgánicos e institucionais contou coa presencia da viceportavoz do BNG e deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, e a parlamentaria Carme Aira.
Para Olalla Rodil “o caso do encoro de Belesar é un dos exemplos máis claros do expólio ao que está sometido o nos país” xa que “a pesar da grande cantidade de enerxía eléctrica que produce, non supón ningún beneficio para a zona nin para os seus habitantes que pagan a luz ao mesmo prezo que en Madrid ou Sevilla”. Rodil aclarou que “as eléctricas son benefeciadas por un goberno do estado centralista que non obriga a un prezo da enerxía en función dos danos que fai nas zonas onde se produce”.
Olalla Rodil sinalou neste acto que o boom eólico que se esta a producir en Galiza reponde aos “plans das grandes multinacionais para espoliar a nosa riqueza, desde Abadín até Pedrafita existen proxectos que afectan a milleiros de persoas” ao que subliñou a afinidade do Partido Popular co empresariado deste sector “mentras Feijóo abraza aos lobby's eléctricos ou a ex-conselleira Beatriz Mato está na dirección de Greenalia, as galegas e galegos sofremos a factura da luz máis cara do Estado sendo produtoras” dixo Rodil.