"A non revalorización das pensións é outra promesa incumprida do PP", afirma Davila
Davila afirmou que os cidadans non poden confiar nun Goberno que lles minte e lles engana."Cómo se vai confiar nun Goberno que falta a sua palabra cos cidadáns unha e outra vez?". Nese sentido, lembrou tanto a promesa eleitoral de Rajoy de que "nunca tocarían as pensións" como as manifestacións do Secretario de Estado de Seguridade Social no Congreso sinalando que "se revalorizarían".
A deputada do BNG reprochou ao Goberno "que estivesen mareando a perdiz cando xa sabían que ían adoptar esta decisión que implica que os nosos pensionistas perdan poder adquisitivo nunha situación de grave crise e cando están a soster ás súas familias coa pensión en moitos casos. A deputada do BNG censurou ao Goberno por "empobrecer cada vez máis aos máis desfavorecidos e que se adique a enriquecer cada vez máis aos máis ricos".
Olaia Fernández Davila lembra que con esta medida, o Goberno de Rajoy incumpre a lei que dictamina que as pensións teñen que ser revalorizadas dacordo ao IPC.