Montse Prado pide retirar o decreto que regula as Áreas de Xestión Clínica
A deputada acusou a conselleira de burla e manifesto engano aprobar un decreto sen ter finalizado as conversas coa Mesa sectorial
A deputada do BNG, Montse Prado defendeu hoxe na comisión de Sanidade, unha Proposición non de lei para pedir a retirada do decreto da Áreas de Xestión Clínica e iniciar un dialogo cos sindicatos e axentes afectados co obxectivo de acadar un modelo de xestión de abaixo cara arriba para mellorar a xestión da sanidade pública galega.
O partido popular rexeitou a iniciativa nacionalista alegando que o decreto avanza na racionalización dos servizos sanitarios.
A consellería debe iniciar o dialogo cos sindicatos
A parlamentaria incidiu na resposta social e do persoal sanitario contra o decreto, as medidas privatizadoras e os recortes como quedou de manifesto, dixo, no seguimento das xornadas de folga na sanidade os días 9 e 10 de decembro e na manifestación do pasado 26 de marzo, O Goberno debe rectificar se non quere que sega a contestación social.
Vostedes, censurou, aprobaron un decreto con nocturnidade e alevosía coincidindo coas conversas coa Mesa sectorial da Sanidade e insistiu na necesidade urxente de iniciar o diálogo coas organizacións sindicais.
O decreto, afirmou, non avanza na mellora da xestión, moi polo contrario introduce grandes ambigüidades sobre recursos humanos, previsións na súa aplicación e situación laboral dos profesionais que se acollan á nova xestión.
Queren trasladar a responsabilidade dos recortes aos profesionais indicou a nacionalista que a maiores acusou á titular de Sanidade, Rocío Mosquera de manter unha farsa nas negociacións coa Mesa sectorial mentres daba luz verde a aplicación do decreto, non aceptaron ningunha suxestión dos sindicatos e agora seguirán practicando a demagoxia barata, denunciou.
Retirada inmediata dun decreto que conduce a máis privatización da sanidade
Para a deputada a retirada do decreto debe ser inmediata porque non aporta garantías e abre as portas a novas privatizacións, nós dixo, dende o BNG apostamos pola sanidade pública e polo mantemento do persoal do SERGAS como persoal estatutario.
Finalmente, Prado tamén fixo referencia o informe do Consello Consultivo de Galiza que entre as conclusións resalta: irregularidades xurídicas no proxecto polo que reiterou a petición para a súa retirada e recalcou que O partido popular non pode seguir actuando na Sanidade pública fronte a todo o mundo.