Mini pide ao goberno galego que defenda ao sector agrogandeiro fronte ao decreto dos puríns
Acusa ao goberno español e a titular de Agricultura de castigar inxustamente ao sector galego
O parlamentario do BNG, Xosé Luís Rivas formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre as consecuencias da normativa europea sobre emisións de amoníaco a atmosfera produto dos zurros de explotacións gandeiras.
Na súa intervención, o nacionalista explicou que a Unión europea tenta reducir as emisións de amoníaco á atmosfera condicionando a normativa á PAC. O Ministerio de Agricultura español, pola súa parte lanza un Real Decreto que castiga gravemente ao sector agrogandeiro coa prohibición da difusión “ en abanico” dos fertilizantes líquidos. Rivas puntualizou, que as emisións da agrogandeira representan un 4,4% fronte aos do ao porcino cun 17% e os abonos de síntese que chegan ao 19%.
O porcino non está condicionado á PAC
O deputado insistiu en que case a totalidade das emisión sitúanse fora da cornixa Cantábrica e por tanto, de Galiza e criticou o posicionamento do Ministerio que, ao seu xuízo, responde á presión de Lobys do porcino e dos abonos de síntese. Rivas lembrou que o porcino non está condicionado a PAC e a pesar das grandes emisións non se vería afectado como ocorre co sector lácteo galego.
“O BNG avoga por boas prácticas agrícolas”, afirmou Rivas, prácticas entre as que destacou “o enterramento inmediato” dos abonados, contar con máis base territorial, potenciar o Banco de terras, incrementar o pastoreo e ter moi en conta a propia “excepcionalidade do noso territorio”.
Pola súa banda , a Directora xeral de gandeiria e industrias agroalimentarias Belén Docampo argumentou que a consellaría xa emitiu un documento de “excepcionalidade” para mitigar as consecuencias do decreto.
O deputado reiterou que o decreto “é inxusto” porque penaliza ao sector menos culpable e denunciou que a norma responde a “presións alleas ao sector agrogandeiro galego”.
Rivas recomendou ao Goberno galego “deixar ao un lado a afinade política con Tejerina e o Goberno central” e defender os intereses do sector lácteo galego.