Mini e un grupo de estudantes da USC analizan os factores e consecuencias dos incendios en Galiza do ano 2006 a 2017
O candidato do BNG por A Coruña, Xosé Luís Rivas mantivo un encontro cun grupo de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela para analizar a xestión política dos incendios durante os anos 2006 e 2017, un traballo en elaboración por parte dos alumnos de Grao da Facultade de Ciencias políticas e Administración na materia de Análise estratéxica e toma de decisións.
O nacionalista asegurou que “os incendios non se apagan cun gran número de bombeiros” é necesario iniciar plans de prevención contra as vagas de lume. Rivas recalcou que o BNG aposta por un “monte multinacional e sostible” polo que a súa ordenación é vital. O monte, dixo “non é un territorio forestal”, é lecer, gandeira extensiva, cogomelos, castañas, abeleiras ... pero tamén, afirmou dentro desta ordenación está o futuro dunha sociedade moderna que vai esixir biodiversidade para facer fronte a desafíos como o coranavirus e futuras enfermidades . “Só cun territorio equilibrado medioambientalmente e biodiverso ás técnicas futuras terán recursos”.
Para o candidato do BNG, os incendios son resultado dunhas políticas do Partido popular caóticas en beneficio e ordenadas por ENCE e GRENALIA. Dentro da biodiversidade, as madeiras de calidade e especies autóctonas deben ser prioritarias polo seu maior rendemento económico e medioambiental. O PP, aseverou, Xosé Luís Rivas, “xoga todo a un servizo de extinción caótico” cando a política forestal debe seguir a senda de garantir as vidas e bens antes que apagar o lume. Non hai máis saída que a ordenación do monte en “mosaico”, con masas arbóreas de distintas especies que ralentícen o lume xunto a espazos de pastos.
O servizo de Incendios, engadiu, debe ser “homoxéneo, con formación, áxil na detección e rápido na intervención”. Rivas apelou a recuperar algunhas das iniciativas postas en marcha polo BNG no ano 2005 para poñer en valor o monte e convertelo nun motor económico e sostible.