Mini apoia a manifestación dos traballadores e traballadoras de Noa Madera en Fene
O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas xunto ao alcalde de Fene e membros da candidatura e da comarca, participan na manifestación convocada polos traballadores e traballadoras de Noa Madera para reclamar a paralización dos despedimentos e garantir o futuro da empresa.
Noa Madera, empresa de deseño de tendas contaba con 200 traballadores dos que 66 foron despedidos e persiste a a ameaza da perda de máis postos de traballo. O BNG lembra que hoxe mesmo solicitou no pleno da Deputación permanente celebrado no Parlamento galego a comparecencia do conselleiro de Industria para dar conta das medidas do goberno ante o conflito laboral de Noa Madera e, unha vez máis, aproveitando a súa maioría, o Partido popular impediu que o titular de Industria compareza na casa do Hórreo para dar as explicacións reclamadas.