Feijóo comparecerá no Parlamento e o BNG pedirá a súa dimisión
O PP supedita a comparecencia de Feijóo á renuncia dos grupos da oposición para formular preguntas ao Presidente na sesión de control.O BNG reclamou as explicacións de Feióo sobre as fotos e a súa dimisión
O BNG ratificase na petición de dimisión de Feijóo
Para o deputado, a estreita relación do Presidente da Xunta cun coñecido capo mafioso esixe unha explicación e a dimisión inmediata por incorrer e despois negar este grave feito.
O nacionalista afirmou, ante os medios de comunicación trala Xunta de portavoces celebrada hoxe no Parlamento galego, que o acontecido na Xunta de portavoces foi un auténtico exercicio de surrealismo en alusión ao punto de comparecencias.
Sobre esta cuestión explicou que o BNG, AGE e PSdeG solicitaron a comparecencia de Núñez Feijóo para dar conta da súa relación no pasado cun coñecido capo mafioso do narcotráfico en Galiza, petición ao que o PP se opuxo argumentando que non tiña sentido comparecer para falar dunhas fotos feitas hai 20 anos e que pertencían aos seus espazos de ocio e lecer.
Feijóo utiliza o Parlamento como plató de Tv
Jorquera lembrou que Feijóo na súa comparecencia ante os medios de comunicación, no día de onte, e en diferentes entrevistas manifestou a súa disposición a dar explicacións ante esta Cámara se así o solicitaban os grupos parlamentarios, comparecer no Parlamento galego non é facelo no recinto, dixo o nacionalista, nin utilizar este edificio como plató de televisión para unha rolda de prensa, comparecer é acudir ao pleno e someterse as interpelacións da oposición.
O parlamentario do BNG reiterou a súa sorpresa pola negativa do grupo popular a que Feijóo comparecese e a presión do PP para que os portavoces do resto dos outros grupos renunciaran ás preguntas na sesión de control ao Presidente o vindeiro mércores.
Os plenos teñen a súa orde, explicou, textos lexislativos, mocións proposicións non de lei, Interpelacións e sesión de control ao Goberno, e non existe ningún precedente, no que se supedite a sesión de control das preguntas a un presidente a unha comparecencia.
Quebradiza memoria de Núñez Feijóo
O nacionalista denunciou a estratexia do Partido popular para aceptar a comparecencia e anunciou que o BNG demandará explicacións claras e diáfanas da súa relación co capo mafioso así como a asunción de responsabilidades, as explicación de Feijóo son unha tomadura de pelo aos cidadáns e existen serios indicios de que está mentindo, reiterou.
Jorquera negou que as fotos publicadas foran requisadas xudicialmente como afirma o Presidente da Xunta e ironizou sobre a quebradiza memoria de Feijóo por non lembrar as viaxes realizadas a Andorra co capo da mafia do narcotráfico, Marcial Dorado.