Declaracións dos bens patrimoniais d@s deputad@s do BNG no Parlamento Galego

O BNG adiántase á publicación, na Cámara galega, da declaración de bens de todos os parlamentarios e parlamentarias e publica na súa páxina web a información do patrimonio dos membros do grupo parlamentario nacionalista.

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou onte, trala Xunta de portavoces, que os deputados e deputadas nacionalistas publicarían a súa declaración de bens como "mostra de transparencia" polo que dende hoxe mesmo calquera persoa que desexe  coñecer os bens dos deputados do BNG só terá que acceder á páxina web desta forza nacionalista.

O BNG empraza ao resto dos parlamentarios e parlamentarias da Cámara galega a publicar as súas declaración de bens.

Francisco Jorquera Caselas
Ana Pontón Mondelo
Cosme Pombo Rodríguez
Tareixa Paz Franco
Carme Adán Villamarín
Montse Prado Cores