Cosme Pombo: "A Xunta pode parar os desafiuzamentos se usa as súas competencias"
O parlamentario do BNG pediu adaptar a lexislación española á normativa europea recen aprobada nesta materia
O deputado dixo levar con orgullo unha camiseta de apoio aos miles de persoas afectadas polo roubo das preferentes ante os comentarios de reproche procedentes das bancadas populares
Pleno- O portavoz de Vivenda do BNG, Cosme Pombo interpelou hoxe ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández sobre as medidas previstas pola Xunta para garantir o acceso da cidadanía ao acceso a unha vivenda digna.
Na súa intervención e ante as criticas das bancadas populares por vestir o nacionalista unha camiseta co lema non a quita das preferentes, devolución do cen por cen dos aforros galegos , Pombo afirmou levala a moita honra porque defende a máis de 40.000 familias estafadas por alguén que tamén ten a ver coas vivendas.
Unha camiseta a "moita honra" para defender aos galegos estafados polos bancos
Xa no debate da interpelación, o nacionalista criticou que a consellería que dirixe Agustín Hernández tente arranxar o problema do acceso a unha vivenda digna, co realoxo de cincocentas familias.
O deputado considerou que se deben tomar medidas contundentes contra os desafiuzamentos e facer uso da sentenza do Tribunal da Unión Europea que confirma a ilegalidade dalgúns aspectos da execución hipotecaria do sistema español.
Pombo aludiu ás 10.000 familias galegas desafiuzadas para as que reclamou unha solución, o BNG entende que a Xunta debe usar as súas competencias en vivenda para protexer aos galegos e galegas desprotexidos.
Neste sentido volveu pedir que a Xunta inste ao Goberno do Estado a paralizar todos os desafiuzamentos en curso e a adaptar a lexislación española á normativa europea recen aprobada.
As medidas da Xunta seguen sendo insuficientes para resolver o problema da vivenda
Pombo explicou que só en cinco anos 8.000 familias foron desaloxadas das súas vivendas e a Xunta, aínda que toma medidas, son insuficientes.
O parlamentario pediu que a Xunta de Galiza utilice as competencias en materia de vivenda para garantir o dereito a unha vivenda porque o BNG ao igual que as plataformas que están a loitar por reformas lexislativas e sociais que impidan os desafiuzamentos que se están a consumar, é posible resolver estes problema, afirmou.