Bronco debate no Parlamento galego na pregunta de Jorquera a Feijóo sobre a reforma do aborto
Francisco Jorquera preguntou ao Presidente da Xunta que vai facer para para que as mulleres non se vexan obrigadas a abortar en Portugal
Vestido cunha camiseta co lema: Dereito das mulleres a decidir, o portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera formulou a pregunta ao Presidente da Xunta sobre as actuacións previstas polo Goberno galego ante a reforma da lei do aborto.
Na súa intervención, o nacionalista aludiu a frase pronunciada por Núñez Feijóo na que afirmaba no me gustaría que las mujeres fuesen a Portugal a abortar, vostede, dixo, é o autor desta frase e o relevante é que vai facer para impedilo.
A Igualdade non ser reduce a minutos de silenzo polas mortas
A igualdade real, afirmou, non se defende só con minutos de silenzo ou celebrando ritualmente o 8 de marzo con grandes e aparentes titulares, a igualdade deféndese garantindo os dereitos, qué vai facer?, para evitar retornar ao pasado ao que nos quere levar o Ministro Gallardón que agora amosa a súa verdadeira faciana cunha reforma que impide os dereito das mulleres a decidir, preguntou.
Qué dobre moral defenden vostedes, cando se declaran contrarios ao dereito do aborto e despois convencen as súas mulleres para abortar en Inglaterra?.Imos volver a esa situación? . Situación nas que as mulleres sen recursos se vexan obrigadas a abortar clandestinamente e sen garantías?.
O PP é especialista en crear problemas onde non existen, coa actual lei non aumentaron as interrupcións voluntarias do embarazo e melloraron as condicións sanitarias, pero o máis importante, dixo o nacionalista, é que se respectaba o dereito das mulleres a decidiren a súa maternidade.
Jorquera remarcou que só as mulleres compete tomar esta decisión e que a contrareforma de Gallardón é represiva, contenta aos grupos integristas e non responde a criterios económicos, sanitarios, educativos ou preventivos.
Protestas continúas dende a oposición e varias chamadas a orde da Presidenta da Mesa, Pilar Rojo
As bancadas da oposición amosaron a súa protesta durante a intervencións do Presidente da Xunta por defender que o Partido popular toma a decisión de reformar a lei do aborto para garantir os dereitos das mulleres á maternidade. A Presidenta da Mesa, Pilar Rojo intercedeu na trifulca facendo varias chamadas a orde as deputadas do BNG, PsdeG e AGE e ameazando con suspender a sesión, no caso de non cesar as criticas a Núñez Feijóo.
Na quenda de réplica, Jorquera lembrou que o PP votou en contra da Lei no ano 85 e agora pretende pedir diálogo para vender como un éxito calquera retoque da contrareforma, non cabe outra posición máis que retirala, recalcou porque devólvenos a tempos cavernarios
O portavoz nacionalista tamén criticou a chamada Lei Madre aprobada polo PP Parlamento galego que deixa ás mulleres embarazadas en mans de Asociacións Católicas integristas así como a Lei de Familia que retorna ás mulleres a roles tradicionais.
Jorquera concluíu a súa intervención lembrando que o día 9 de marzo as galegas sairán a rúa a reclamar a retirada do anteproxecto e moitos homes acompañarémolas, vostede que vai facer?