O BNG será insubmiso ao secuestro do Parlamento

O Grupo parlamentario do BNG acusa a Pilar Rojo de “criminalizar aos afectados pola crise” aos que ademais nega o seu acceso ao Parlamento conculcando dereitos elementais da cidadanía

O BNG anuncia que será “insubmiso” ao secuestro do Parlamento igual que hoxe ao facilitar a entrada dos traballadores de Navantia e das Universidades públicas á tribuna do público no hemiciclo porque os deputados e deputadas do BNG consideran que é un dereito fundamental participar en democracia e acceder ao Parlamento.

O BNG asegura que a presidenta comete “un grave erro” ao vulnerar o regulamento segundo lle conveña conculcando os dereitos da cidadanía galega e lembra que a propia Pilar Rojo, encabezou no mes de novembro de 2005, unha “rebelión de máis de 200 altos cargos do Partido popular” para tomar o Parlamento galego.

Para BNG, o Partido popular non pode criminalizar a xente afectada pola crise e moito menos, responder co peche do Parlamento galego negando o acceso ás sesións plenarias e grupos parlamentarios onde se deciden as leis que marcarán o futuro de Galiza.

Debates clandestinos só para o PP

O BNG rexeita que a presidenta da Mesa do Parlamento, seguindo fielmente as directrices de Núñez Feijoo, pretenda converter a cámara galega e as sesións plenarias en “debates clandestinos” aos que só poderán acceder invitados do Partido popular.