O BNG reclama medidas concretas para avanzar na loita contra a violencia machista
A deputada do BNG, Olalla Rodil volveu a reclamar hoxe “medidas concretas para a loita contra a violencia machista”, na Comisión de Igualdade celebrada no Parlamento galego na que foron votados os traballos da ponencia sobre medidas e tratamento da violencia de xénero que continuará o seu tramite en sesión plenaria, o BNG abstívose para facilitar os devanditos traballos.
Na súa intervención, a parlamentaria agradeceu o traballo realizado ao longo destes anos “polas persoas que fixeron parte da Comisión de Igualdade durante a IX e X Lexislatura en representación dos distintos grupos políticos, traballos que comezaron no ano 2014.
Tamén amosamos o nosos agradecemento, engadiu, a todas as persoas que compareceron na Comisión en representación de numerosas entidades, organización e institucións e criticou criticou a negativa a comparecer na comisión das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, tanto a Garda Civil como a Policía Nacional que rexeitaron comparecencia a través dunha carta á Cámara na que aseguraban non ter a obriga de facelo por non se tratar dunha institución de ámbito estatal. Para o BNG, dixo, Rodil, isto representa “unha grave falta” de respecto institucional ao Parlamento galego.
Sobre o proxecto de ditame, explicou a deputada, sempre defendemos que os grupos políticos non podíamos ser “meros espectadores ou taquígrafos do que dixesen as persoas comparecentes senón que o plan de traballo contemplaba unha avaliación da lexislación que permitise valorar o grado de cumprimento e desenvolvemento da Lei 11/2007 galega de prevención e tratamento integral da violencia machista” así como avaliar que dos os 12 anos de vigor da lei e especialmente durante a crise económica, pero tamén o profundo avance social do movemento feminista expresado nas masivas mobilizacións sociais dos últimos anos.
“Levamos dúas lexislaturas traballando neste ditame pero para o BNG é fundamental facer esa avaliación e que as recomendacións teñan unha maior concreción, sinalen propostas concretas e sirvan para avanzar” porque, boa parte das recomendacións contidas neste ditame, “xa están recollidas na propia e lei e demostran que non se cumpriron”.
O BNG, recalcou Rodil seguirá reclamando BNG destinar como mínimo, “o 1% do Orzamento á loita contra a violencia machista”, garantir da atención psicolóxica das mulleres en situación de violencia machista na Atención Primaria, que a formación das e dos profesionais (sanitarios, ensino, xustiza, administración…) sexa obrigatoria, crear unha Unidade específica de violencia machista na Dirección Xeral de Xustiza con persoal e orzamento propio e revisar todos os protocolos existentes para os adecuar a todas as formas de violencia recollidas na lei, particularmente corrixindo as eivas a respecto da violencia sexual”.
Con ánimo construtivo o BNG facilitou a votación por puntos das súas emendas das que foron aceptadas as 1,3,4,5,6 e o punto 4.8.1 da emenda 9.
O BNG abstívose na votación en comisión do proxecto de ditame que será debatido no seguinte período de sesións, o mes de xaneiro.