O BNG propón crear unha comisión de expertos que audite a Débeda Pública "ilexítima" do Estado

Francisco Jorquera

Francisco Jorquera instou á Xunta de Galiza a demandar do Goberno Español unha comisión de expertos para identificar a “débeda ilexítima” contraída contra os dereitos da cidadanía

O portavoz do grupo parlamentaria do BNG, Francisco Jorquera propuxo hoxe, na Comisión de Economía do Parlamento galego, crear unha “comisión de expertos” para investigar a “débeda pública ilexítima” do Goberno español.

A través desta iniciativa, dixo, volvemos a debater sobre a débeda pública e en particular sobre a “débeda odiosa ou ilexítima” contraída contra “os intereses dos cidadáns”.

O deputado explicou que segundo as últimas información publicadas, a Débeda Pública do Estado marca un novo record no mes de febreiro que alcanza o 1,04 Billóns de euros, o Estado só recuperou o 4,3% das axudas á banca e a Banca española eleva os seus beneficios nun 35 %.

Rajoy incrementou a débeda pública en 296.469 millóns de euros en menos de tres anos

Os datos evidencian que en pouco menos de 3 anos, o Goberno español incrementou en 29 puntos a débeda pública situándoa no 98,2 do PIB. Se comparamos estas cifra coa débeda de fins de 2011, “o primeiro exercicio con Mariano Rajoy aumentou a débeda do 69,20% ao actual o 98,2%.” en 296.469 millóns de euros.

A maiores, engadiu Jorquera, dos 61.495 millóns destinados á Banca en forma de axudas directas, 53.535 deles aportados polo FROB, dos que “só foron recuperados 15.841 millóns”. Por outra banda están outras axudas en avais á Banca por valor de 110.895 millóns dos que o FROB recuperou 105.641, “perdéndose 5.245 millóns”.

O FROB tamén recoñece a perda de 9.581 en concepto de “esquemas de protección e activos” e concedeu axudas para promover a SAREB de liquidez mediante liñas de créditos por un montante de 2.192 millóns.

Entre axudas directas e indirectas, afirmou o parlamentario, o Estado destinou 280.000 millóns de euros á Banca para saneala, en contra do discurso do PP “que non se pode gastar o que non se ten”.

O deputado criticou que os bancos foran rescatados con diñeiro público cando no ano 2014 á banca obtivo máis 35% de beneficios respecto do ano 2013. A Banca, reiterou, recuperou o nivel de recuperación de beneficios e de “lucro anterior á crise” mentres os cidadáns seguimos padecendo recortes brutais e con grandes dificultades para chegar a fin de mes. En cousas como estas, dixo, “consiste a débeda odiosa, a débeda ilexítima”

O BNG non propón deixar de pagar a débeda

Jorquera reiterou que o BNG “non fala de impago” e recalcou que iniciativa do BNG, “pide unha auditoría para que a xente saiba o diñeiro que foi destinado para sanear á Banca”.

Suscitamos este debate no Parlamento porque “temos dereito a saber eses datos” polo que anunciou que o BNG seguirá presentando iniciativas neste sentido. Consideramos que a cantidade astronómica de 1,04 Billóns de euros merece ser analizada ate as últimas consecuencias, explorando as orixes da débeda e estudando as solución a este problema.

O portavoz do PP, Pedro Puy e do PSOE, Méndez Romeu anunciaron o seu voto en contra á iniciativa nacionalista que contou co apoio do Grupo Mixto.