O BNG pide á Xunta que cumpra o seu compromiso co Plan de dinamización da lectura desenvolvendo as Leis do libro e Bibliotecas
A portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas afirma que 71 concellos galegos carecen de bibliotecas e nos últimos cinco anos pecharon 16
Acusa ao goberno de Feixóo de conseguir todas as medallas de ouro ao “desleixo e incapacidade “ para desenvolver un proxecto vertebrado dunha rede de bibliotecas públicas
Para a portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas , o recente estudo do Ministerio de Cultura sobre a situación das bibiliotecas públicas confirma que en Galiza, “71 concellos galegos carecen de bibliotecas, uns resultados negativos” porque estamos, dixo, por debaixo da media estatal.
Mercedes Queixas acusou ao “ PP do goberno de Feixóo de conseguir todas as medallas de ouro ao deslixo, inecptitude e incapacidade” para desenvolver un proxecto vertebrado da rede de bibliotecas públicas, tanto nas de titularidade atonómica como estimulo que dependen dos concellos. Neste sentido, Queixas insta á Xunta a que cumpra cos seus compromisos recollidos no Plan de dinamización da lectura e desenvolver as leis do Libro e Bibliotecas.
A día de hoxe, reitrou a deputada, 71 concellos carecen de bibliotecas e mesmo outros servizos que podan suplir esta carencia como os bibliobuses. Nos últimos cinco anos, “pecharon en Galiza 16 bibliotecas públicas”, aseverou.
Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, Mercedes Queixas tamén se referiu ao gasto corrente por habitante, e dicir, o que inviste o goberno por habitante nas biblitecas en Galiza e que situou en 8.95 euros fronte a medida do estado, 10.55 euros. Pola súa parte, Ceuta, inviste 18,75, Cataluña, 16,36 por habitante e Euskadi 15, 68 euros, a xuízo da deputada, estes datos revelan que estamos “ na quinta posición comezando pola cola”.
Para a deputada outro dos aspectos do estudo reflicte que os fondos de renovación en Galiza, durante o ano 2019 diminuiron en 30.000 a respecto do ano 2015, “-1,19% fronte a 0,96 da medida do Estado”. Esta circunstacia provocou a baixada de visitas e númerno de persoas usuarias así como de préstamos.
En opinión da nacionalista, as bibliotecas públicas son algo máis que o lugar no que se expoñen libros nos andeis, son lugares “vivos” que deben garantir o acceso á cultura para toda a cidadanía.
Sobre a dotación do persoal nas bibliotecas afirmou que, en Galiza hai un bibliotecario ou biblitecaria por cada 4.950 habitantes ,cando a media no Estado español é de 4.223, e dende o ano 2015 “máis de 70 persoas” perderon o emprego nas bibliotecas públicas galegas.
Ante esta situación, o BNG exixe ao goberno que cumpra cos seus compromisos como o anunciado no ano 2018 incluíndo na Estratexia da Cultura Galega, “o Plan de dinamización da lectura”. O BNG reclama desenvolver a Lei da Lectura e o Libro aprobada no ano 2006 cun plan de dinamización da lectura que aínda non se fixo e poñer en marcha o regulamentario da Lei de Bibliolitecas aprobada polo Partido popular no ano 2012.