O BNG pide á Xunta medidas áxiles e suficientes para empresarios e empresarias afectadas pola pandemia
O deputado do BNG, Daniel Pérez interpelou hoxe ao goberno sobre as medidas postas en marcha para facer fronte as consecuencias da Covid-19 sobre o colectivo de empresarios e empresarias autónomos.
O parlamentario do BNG sinalou que transcorreron oito meses para que a Xunta anunciara o plan de rescate dos e das autónomas e denunciou que para moitos e moitas deles as medidas chegan tarde porque están “pechados”.
Daniel Pérez trasladou ao Parlamento as criticas da Asociación de emprendedores de Galiza que responsabilizan ás administracións públicas “da morte do sector hostaleiro” e demandan compensacións. A curto e medio prazo os peches, afirmou o nacionalista, serán inminentes e os “autónomos e autónomas non son o problema, son parte da solución”.
Pérez reclamou “áxiles, directas e suficientes” porque de non se así os autónomos e autónomas afirman que non terán futuro. O colectivo demanda “un rescate” para os hostaleiros e outros sectores e cualifica as medidas de Feixóo de “parches”. Axudas de até 7.000 euros son “insuficientes”. O Presidente de xoves empresarios da Coruña afirma que os asociados da hostalaría, axencias de viaxes, espectáculos e eventos denuncia a paralización, a falta de traballo e a persistencia dos gastos pero ademais das asociacións, un gran número de persoas denuncian a mesma situación ao que suman compras que non saben si van poder vender.
Daniel Pérez recalcou que as axudas articuladas pola Xunta, a día de hoxe, “son insuficientes” porque non escoitaron a un dos sectores máis golpeados economicamente pola Covid-19. Si a Xunta non escoita ao sector non acertará coas medidas. Deixen a “mercadoctenia” e actúen como goberno, escoiten ao sector, sentenciou o deputado.
As axudas son xenéricas e marcadas pola falta de inmediatez, chegan tarde e cada día que pasa “pecha un negocio” que dá sustento a unha ou varias familias, xera riqueza e afecta ao tecido empresarial. O deputado tamén alertou da realidade dos negocios familiares con persoas ao fronte de máis de 50 anos, e preguntou que vai pasar con eles.
Finalmente, o parlamentario preguntou ao goberno polas “axudas directas para gastos correntes” devengados durante oito meses. Daniel Pérez volveu a pedir á Xunta que escoite ao sector e poña en marcha as axudas directas para empresarios e empresarias autónomos cunha “economía estrangulada” polo pandemia.