BNG pide as comparecencias de Sánchez e Grande-Marlaska despois do acontecido en Melilla
27 de xuño de 2022 (16:52 h.)
A iniciativa está rexistrada conxuntamente con EH Bildu, CUP, Compromís, Más País Verdes-Equo, Junts e ERC
Os grupos políticos presentaron hoxe no Congreso unha petición para as comparecencias do Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. Desta maneira, as formacións apúntanos como figuras responsábeis dos feitos ocorridos en Melilla que remataron, que se saiba, coa vida de 37 persoas até hoxe. Sinalan que a traxedia é unha “consecuencia das políticas migratorias da Unión Europea e o novo acordo entre o goberno do Estado español e o goberno marroquí”.
Con esta iniciativa, BNG, EH Bildu, CUP, Compromís, Más País Verdes-Equo, Junts e ERC oponse ás declaracións de Pedro Sánchez do pasado venres, onde o presidente pechaba filas coa actuación do exército de Marrocos.