O BNG pide cesar a docente dos cursos da CRTVG por incorrer en afirmacións sexistas
Carme Adán presenta unha Proposición non de lei sobre as afirmacións da docente que reafirman estereotipos de xénero contrarios á Lei de Igualdade e á Lei galega de prevención da violencia de xénero
A deputada rexistra varias iniciativas no Parlamento galego para pedir o cese de Teresa Baró que participará como docente nos cursos de formación, Linguaxe non verbal para comunicadores que a CRTVG ofrece a: locutores/as de radio e televisión, redactor@s e auxiliares de redacción.
Nos cursos que se impartirán detéctanse graves contido sexistas no enfoque da docente quen, na súa páxina web chega a afirmar: para triunfar na diversidade de roles que desempeña, a muller de hoxe ten que dominar moitos estilos de comunicación, dende o profesional ao sedutor, ou a muller seduce máis coa dozura, mesmo a veces pola submisión.. hai un contoneo ao camiñar que marca as cadeiras, zona da fertilidade e tamén para facer máis evidentes ás nádegas, moi atractivas para os homes...
A deputada lembra que este tipo de afirmacións son contrarias á Lei de Igualdade e a Lei de prevención da violencia de xénero polo que solicita que o Goberno galego tome medidas e retire de inmediato, tanto a docente como os contidos sexistas dos cursos programados pola CRTVG