O BNG participa nunha Diada 2017 histórica e critica a posición inmobilista e retrógrada do Goberno central
11 de setembro de 2017 (20:42 h.)
Ana Pontón afirma en Barcelona que o pobo catalán quere escribir con letras de liberdade o seu futuro e recrimina as posicións “retrogradas” do Goberno español queren impedir que as persoas voten en liberdade
Minutos antes de comezar a manifestación da DIADA de Catalunya 2017 en Barcelona, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirma estar ante unha “DIADA histórica” na que “o pobo catalán quere escribir con letras de liberdade o seu futuro”.
Dende o BNG, engadiu, temos moi claro o dereito dos pobos a decidir o seu futuro e que o presente e o futuro deben escribirse con “D de democracia e L de liberdade”.