Congreso

O BNG exixe ao Goberno español que respecte os dereitos lingüísticos na relación coa administración co Estado

Néstor Rego

O deputado Néstor Rego denuncia que de maneira permanente estase a vulnerar os dereitos dos cidadáns e cidadás á hora de dirixirse á administración pública

Ademais, recorda que no texto asinado para o acordo de investidura, garántese os dereitos lingüísticos e a normalización da lingua tanto na administración periférica do Estado como na administración de Xustiza

O BNG leva ao Congreso a queixa dunha cidadá que non puido realizar un trámite en galego no Rexistro Civil, pois carecían da documentación na nosa lingua e a tradución da mesma suporía unha demora duns 15 días.

O partido nacionalista lembra ao Goberno que poder realizar estes trámites na lingua oficial que elixa o cidadán ou cidadá é un dereito que debe ser garantido polas Administracións Públicas. Mais estamos comprobando que nas oficinas do Rexistro Civil situadas na Galiza, non é posíbel realizar estas xestións en lingua galega, pois non existen formulario nesta lingua ao dispor da cidadanía.

Néstor Rego recorda o informe que publicaba o Comité de Expertos do Consello de Europa sobre o cumprimento polo Estado español da Carta Europea de Lingua Minorizadas, no que se advertía do incumprimento por parte da Administración Xeral do Estado, que non garante aos galegos e galegas poder vivir con normalidade na súa propia lingua. E fai fincapé no acordo asinado para a investidura, onde ficou expreso o compromiso do Goberno de normalizar o uso do galego na Administración periférica do Estado e na Administración da Xustiza.