BNG denuncia no parlamento a insuficiente dotación de persoal e problemas na planificación asistencial do Servizo de Oncoloxía do CHUS
Iria Carreira denunciou as demoras e lista de espera para probas diagnósticas ao que sumou a sobrecarga laboral do persoal
Afirmou que o déficit de persoal no Hospital do Barbanza tamén repercute sobre o persoal e pacientes do CHUS
A portavoz de sanidade hospitalaria do BNG, Iria Carreira formulou unha pregunta ao goberno ante a situación que están a soportar as pacientes de cancro no CHUS con demoras e listas de espera para a realización de probas diagnósticas, ao que sumou as dificultades das doentes para recibir o tratamento.
Na súa intervención, a parlamentaria tamén se referiu a sobrecarga laboral do persoal agravada polo déficit de persoal no Hospital da Barbanza e que repercute directamente sobre as profesionais e pacientes do CHUS
A sanidade pública galega, explicou Carreira, atópase nunha situación de extrema gravidade. A Atención Primaria e a máis prexudicada polos anos de recortes do Partido Popular, e que se traducen en “cadros de persoal exiguos e recursos materiais limitados”. Por outra banda, a política sanitaria do PP ten repercusións claras sobre os servizos hospitalarios, “colapsos nos servizos de urxencias e listas de espera para consultas hospitalarias desbordadas”.
Un dos servizos que está a recibir importantes denuncias a este respecto é Oncoloxía Médica do CHUS. As denuncias polas condicións da atención que reciben veñen de hai tempo e son queixas, puntualizou a nacionalista, polas condicións, “non polas profesionais, a súa dedicación e implicación”, recalcou.
A maiores, engadiu que doentes de toda a área sanitaria de Santiago e o Barbanza levan meses denunciando as esperas para recibir tratamento intravenoso co agravante para as que residen afastadas de Compostela. Antes de administrar o tratamento de quimioterapia, realízase unha analítica á paciente para coñecer o seu estado en tempo real e axustar a medicación, pero tamén teñen problemas as pacientes que reciben un tratamento de quimioterapia oral e que deben que recollela na consulta de farmacia. Pacientes que son valoradas pola súa oncóloga e agardan horas e horas para poder recoller unha caixa de pílulas, que ademais xa son pacientes habituais polo que o paso por esa consulta de farmacia é pouco menos que un trámite.
A deputada cualificou de “gravísimo” que as pacientes con cancro non poden realizar en tempo o TAC ou RM que lle corresponde por listas de espera que non deixan de medrar.
A todas estas circunstancias, engadiu as erráticas decisións da xerencia da área sanitaria que tras recoñecer o déficit de persoal médido en O Barbanza suxire reforzalo co desprazamento de profesionais do Hospital de Santiago e cubrir así, servizos, gardas e quendas de tarde en Riberia aínda que Medicina Interna non sexa a súa especialidade.
Esta medida incrementa as listas de espera, entre 800 e 1.000 doentes e descoñecemos as medidas do SERGAS para atender unha “situación xerada por vostedes mesmos”, criticou a deputada do BNG.
A parlamentaria do BNG preguntou ao director xeral de Asistencia sanitaria, Jorge Aboal como pensa o SERGAS resolver a deficiente situación do Servizo de Oncoloxía Médica do CHUS por unha falta de persoal sanitario que repercute gravemente na planificación da asistencia dos e das pacientes.
Tras a intervención de Aboal que non amosou a intención de implantar medidas para resolver a situación denunciada pola deputada do BNG, Iria Carreira lembrou que as coberturas das gardas de xinecoloxía, motivou a dimisión do xefe de servizo ante a obriga de que os e as profesionais se desprazaran ao Barbanza, un ofrecemento “voluntario” que tamén se lle trasladou ao persoal do servizo de Urxencias, como se no hospital de Santiago “sobrara persoal”. O que non é “tolerable” afirmou, é facer pasar esta cobertura por “unha voluntariedade” que incrementa “a precarización” do persoal eventual que depende continuamente dunha renovación de contrato.
A situación en oncoloxía, remarcou agravase porque faia un “piar básico, a Atención primaria”, servizo fundamental para a detección do cancro, pero tamén faian as primeiras consultase as probas de imaxe. Se anulan citas a pacientes que cando chegan á consulta, o tumor xa evolucionou e a microcirurxía xa non sexa valorable.
Iria Carreira reclamou incrementar os cadros de persoal porque as “xornadas estrahordinarias” demostran esta necesidade e pediu un compromiso do goberno para mellorar a calidade na asistencia sanitaria ás pacientes do Servizo Oncoloxico do CHUS, compromiso sobre o que o director de Asistencia sanitaria eludiu pronunciarse.