A portavoz de cultura do BNG, Mercedes Queixas lamentou a situación do sector literario galego, nos seus diversos ámbitos, pola “incapacidade” e desleixo do goberno do PP. Queixas interpelou ao conselleiro, Román Rodríguez sobre o plan de dinamización da lectura e afirmou que resulta chamativo que o conselleiro de Cultura amose a súa satisfaccións por uns orzamentos do ano 2022 como os máis expansivos , sen embargo reducen case 300 mil euros nas partidas para axudas, promoción, distribución e comercialización do libro galego. Vostedes dixo, destinan ao libro o 2% mentres que no ano 2009 era o 4%.
Por outro lado, segundo o informe As bibliotecas en Galicia, desde 2010 “perdéronse 46 bibliotecas e 75 concellos non teñen biblioteca”. Galiza ocupa o 13º lugar en número de usuarias. O emprego nas bibliotecas decrece nun -2%. Ademais, engadiu a nacionalista, o orzamento dedicado a investir na expansión da nos literatura a través das feiras internacionais tamén é inferior a respecto do ano 2009.
“Na feira do libro de Frankfurt este ano é España o país convidado pero a Xunta non dá conta das xestións necesarias para asegurar que a literatura galega e as súas creadoras estean alí representadas”. Por outro lado, tampouco existe “un Plan de tradución”
Para a deputada do BNG, o libro galego presenta “ameazas persistentes” como a falta de visibilidade nas librarías e puntos de venda, a ínfima presenza nos medios de comunicación públicos e privados, ou a continuada perda de competencia lingüística en galego das novas xeracións como mostra do éxito do “decreto contra o galego” e en defensa do monolingüismo en castelán.
Que estratexia está a seguir o goberno da Xunta en relación á dinamización da lectura en Galiza? Cando van a elaborar o Plan de dinamización da lectura? E sobre todo, “cando van facer da lingua e literatura parte da Marca de Galiza?
Tras a intervención do titular de cultura, a deputada mostrou a súa sorpresa ante a satisfacción de Román Rodríguez que afirmou que a capacidade que desenvolve o libro galego é “inferior ao 60%” en relación ao ano 2009, e replicou , “xa non hai nada de que falar porque vostede acepta que cos orzamentos máis altos do noso país a política dedicada a dinamizar a lectura en galego é un 60% menor que no 2009 e pretende que o parabenicemos cando realmente “é unha irresponsabilidade”.
Mercedes Queixas asegurou que a postura do conselleiro constata o “conformismo e unha resignación” que dende o BNG rexeitamos . Dende o BNG queremos avanzar porque temos potencial e Galiza exixe que sexa así.
Para a nacionalista a intervención do conselleiro confirma a “rutina” do Goberno galego e a “ausencia total de innovación” ao que sumou a “incapacidade” para poñer en riba da mesa un “plan de dinamización da lectura”. Vostedes, recalcou Queixas, “xa son pasado” e vostede xa se converteu nun conselleiro en posición de saída o “de prorroga”. ante a actual situación do Partido popular. Acabamos de corroborar como o Partido popular ten “unha páxina en branco en trece anos de maioría absoluta nos que puideron poñer en marcha proxectos si tiveran vontade para dialogar co sector do libro”.
A súa política fracasada non é boa para ninguén e sobre todo para o conxunto da sociedade, e a “perfecta metáfora de como deixa a Galiza máis pequena culturalmente” reducindo un orzamento en máis do 60%, unha produción en galego á baixa, unha xestión política de costas viradas ao sector empresarial e editorial e o abandono da creación.
A deputada tamén aludiu ao libro branco da ELGA que recolle os informes sobre a “falta de apoio institucional da Xunta e que ratifican o suspenso como xa fixo o Consello da Cultura galega nos anos 20 e 21”.
Finalmente criticou a eliminación da compra do 25% de libros en galego para as bibliotecas municipais e a imposición do 50% en castelán chegando mesmo a ser o 100%. Por que non equilibraron ese desfase? Queixas rematou preguntando que ten o goberno galego en contra do sector do libro galego, dos tradutores e tradutoras, bibliotecarios e lectoras e en resumen que teñen en contra do sistema literario galego?